A Xunta, Roverto Barela e a deturpación: todo é un
Roverto Barela, as probas do delito
Cando foi o do Fitur saltara en toda a rede galega que o conselleiro de in-cultura Roverto Barela (así a partires de agora neste blogue
) dixera "Desván de los Monjes" por Sobrado dos Monxes. Preguntado no Parlamento de Galiza sobre este tema xurara e perxura que non dixera tal cousa e que só as mentes máis quentes podía pensar tal ignorancia da súa persoa sendo el tan viaxado e cultivado. A cousa quedara aí... mais agora os do Xornal de Galicia veñen de facer público un vídeo (de Turgalicia, precisamente) no que se ouve, alto e claro, ó cosmopaleto decir "Desván de los Monjes" e "Toro" para referirse a Sobrado dos Monxes e Touro, respectivamente. Tal barbaridade só está altura da que soltou pola boca o ex (tamén de cultura) Pérez Varela [isto só pasa en Galiza], cando afirmou sen nigún pudor que fóra ver, para apoiar, loxicamente, unha das grandes voces da nosa terra: Carmina Burana. Para o noso (nada ensimismado e viaxado conselleiro) este tema quedará nun simple "descoido idiomático" segundo unha nota de presa do seu gabinete. E é que estas cousas pásanlles a calquera...
Mais que se lle pode pedir a un simple conselleiro se a mesma Xunta, nos seus comunicados oficiais fai mesmo? Pois si, veño de ler no blogue d' O demo que nunha nota de prensa, a Xunta, refírese a "Puebla, Puentenuevo, Sanpayo" lugares da xeografía galega de toda a vida. En fin,... Queda acó un pantaiazo por se se dignan a correxilo, cousa que dubido.

(Clic na imaxe para alongar)
The XX
Pódese dicir que os londinenses, The xx, foron unha das grandes sorpresas do ano 2009 no Reino Unido e no resto do mundo. O grupo, formado no 2005, estaba composto por catro mozos e mozas que rondan os 20 anos: Jamie Smith, Romy Madley Croft, Oliver Sim e Baria Qureshi. Actualmente, só o forman tres compoñente xa que Baria Q. deixouno porque se atopaba cansa de tanto trafego.
Un grupo que levo escoitando xa hai uns meses e do que non me canso. As súas melodías simples e limpas producen un efecto case relaxante. As voces son magníficas, especiais e cunha chea de matices e impresións. Para min, é unha pena que Baria Qureshi, a que máis que gusta de entre todos/as, se fose.
Esta canción, Crystalised, que xa foi single, forma parte do seu primero traballo: XX. O dito, merece a pena escoitalos.









